lunes, 5 de marzo de 2012

Pii.





Espero que sepas que te amo. Ámote máis do que imaxinei que o faría. Amo cada segundo contigo e amo os teus sorriso. Ámote por todo o que provocas en min, felicidade, paz, ben estar... Ámote. Porque para min eres moi importante Andrea, moito. Para min sen tin, non son a mesma. Porque sen todas esas noites falando contigo non sería nada... Sen todas esas noites que esperaches por min, non sería a mesma. Sen todas esas noites nas que te espertei e poiden contemplar como sorrías, non sería a mesma. Derritome ante ti, porque sinto que eres como unha irmá para min, como a irmá pequena que sempre quixen ter. Gústame espertar ao teu carón e darme de conta de que realmente existes, de que non es un soño. De que o 31 de Marzo do 2011 foi o meior cumpreanos que poiden ter, pois isa foi a primeira noite que pasei contigo... E despois disa viñeron moitas máis, e moitas máis. E tardes inolvidables contigo. E despertares que sempre quixen ter. Gústame a túa cara relaxada cando durmes, eres un anxo. Gústame cando sonríes só para min, gústame de verdade. Gústame o que sinto cando os teus brazos me rodean, gústame.

Gústame saber que non só teño unha meior amiga que se chama Andrea, senón que tamén teño unha prima que se chama así. Pero o que máis me gusta de todo, e saber, que por sempre te amarei. Que te amo cando estamos xuntas máis do que podo chegar a decirche. Que te amo cando estamos separadas, porque sinto que me falta algo, que me faltas ti. Ámote cando sorries e se che iluminan os ollos, ámote cando estás anoxada porque sei o que sintes. Ámote cando dis parbadas para facer feliz a moita xente, ámote cando te pos seria porque sabes que a ocasión o require. Ámote cando bailas, porque o fas increiblemente ben, e parece que eres libre. Ámote cando consegues sorprenderme cada día máis, ou cando penso que nada pode ser moito meior e consegues facelo. Porque sí, fasme feliz. Moi feliz. E consegues que iste pobre corazón roto, cando está contigo estea enteiro.

¿Sábelo meior? Sei que non amo a ninguén como te amo a ti. Só te amo a ti dunha forma incondicional e cega, porque non podo amarte doutra forma. Ámote moitisimo, as veces doéme amarte pero non é malo, todo ao contrario, é bo. Iso significa que o amor que sinto por ti é real, e espero que sempre sexa así.

Ámote infinito, ámote eternamente, ámote Pii. Simplemente ámote. <3

2 comentarios:

  1. Saraaaaaaaaaa! É precioso :')
    Pufff...non sei como me poder querer tanto, a min:$
    Joder...gustaríame poder fotocopialo e gardalo conmigo para poder leelo cada vez que o necesite:)
    Joder, fixéchesme moi feliz ao ler isto:')
    Moisítimas gracias Pii, un eterno ámote (L)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. :DDD Alegrame saber que te fixen feliz, pois espero poder facelo por sempre ende xamáis!

      Imprimeo, :P Ainda que se queres escribocho a man, :3

      Non me des as grazas, en tal caso douchas eu a ti por formar parte da miña vida, :D Acordavaste de que o día do meu cumple foi a primeira noite que pasamos xuntas? :P

      Ámote eternamente <3

      Eliminar