miércoles, 13 de marzo de 2013


Xa facía tempo que non escribía nada. Que non vos falaba de todo esto que sinto. Tantas sensacións invaden o meu corpo que nin sei por onde comezar... Parece que sempre o máis dificíl de contar un conto é o comezo... Pois ben, comezarei coma todos os contos:

Erase unha vez  nun pequeno pobo cerca do mar unha Princesa que non cría nos vestidos, nin nos tacóns de cristal. Esa pequena Princesa sempre escapaba cando podía ao bosque, alí atopábase con criaturas máxicas que a soprendían cada día máis. Esa princesa sentíase diferente ao resto do mundo. Como si non pertencense a isa época, como si todo o que ela sentía estivese mal. Non quería vestirse coma todas as mulleres, ela prefería vestir os pantalóns dos cabaleiros do reino de seu pai. Máis súa nai sempre a obrigaba a ir con vestido. Ao fin e o cabo era unha princesa, non podía andar por ahí coma un cabaleiro. Pero ela agochaba os pantalóns debaixo deses grandes vestidos e corría todo o que podía mentras súa nai, a Reina; lle gritaba dende unha ventá.

Deitabase alí naquel pequeno escampado e miraba o ceo, imaxinando un mundo de igualdade, sin pobreza nin riqueza, sin persoas malas que o único que facían eran ferir aos bos e bondadosos coas súas palabras, sin conxuros máxicos. Sin a malvada Bruxa. Pero non todo era posible, a imaxinación só te evadía uns minutos. Pronto volvías a realidade, observabas como ese mundo máxico desaparecía cada día un chisquiño máis.

A Princesa creceu, e deixou de ver a todas esas criaturas máxicas que via de pequena. O bosque xa deixara de existir, agora solo era un inmenso xardín de espiñas, toxos e demáis plantas con pinchos. A Bruxa cada vez estaba máis próxima a Princesa, o suficiente como para rozarlle a cara cando cantaba, e meterse dentro dos seus soños cando durmía.
Máis ela non era consciente de toda esa oscuridade que estaba empezando a crecer no seú interior, a toda isa rabia, impotencia a non poder gritarlle ao mundo todo o que ela quería é máis. Unha noite a Princesa ergueuse da cama, mirou pola ventá da súa habitación. Leeu o que tiña que facer nas estrelas, e simplemente desapareceu na escuridade.


Fin.

No hay comentarios:

Publicar un comentario