Non sei describir esa sensación que sinto cando ti estas preto de mi, cando está ao meu carón collendo a miña man entre as túas. Sentindo a túa calor, e facendo que mil bolboretas voen polo meu estómago. Non sei describir como é cando miro os teús ollos e me perdo nun intenso vacío, porque non son capaz de mirar outra cousa que non sea iso, nin tampouco podo explicar como me sinto cando me sorrís de corazón, cando o fas porque te alegras de verme. Nin podo decirche que é o que sinto cando me abrazas e o fas con tanto amor e tanto cariño que algo dentro de min comeza a revivir de novo. Porque meu pequeno cocodrilo cando onte viñeches a onda min, mentres que eu me perdía no mundo das estrelas e intentaba atopar o ritmo do meu corazón; e me abrazaches por detrás e escondiches a túa fermosa cara entre o meu cuello, fixeches que eu te quixera un pouco máis, e que un pequeno e tonto sorriso aparece na miña cariña de nena namorada. Sinto mil sensacións cando me das un bico e o fas porque queres, porque che apetece, e bicas a miña fazula sinto que te estou querendo un pouco máis. Non son capaz de explicar esas ganas de querer abrazarte ende xamáis e non soltarte ata que o mundo acabe.
Porque simplemente te quero.
Quérote.

No hay comentarios:
Publicar un comentario