É alí estaba ela. Tumbada na herba, mirándome como sí soupera todo o que eu agocahaba. Dábame medo saber que ela podía coñecer os meus pensamentes. Dábame medo mirala.
Porque a súa mirada é motio máis intensa do que vos podedes chegar a imaxinar.
Alí estaba ela fumando o seu canuto, como si nada lle importase máis que darlle outra calada ao mundo. Porque para ela nada importaba. Todo carecía de orden na súa vida, e ao mesmo tempo, ela sabía o que ía acontecer minutos máis tarde.
A súa vida non era sinxela. Tiña un irmá maior ao que adoraba, e en certa parte, era o seu verdadeiro amor. Tiña unha nai controladora, que intentaba que a súa beleza non marchitase como unha rosa.
¿E o seú pai? Ise é un tema que nin ela quere tocar, di que hai cousas que é meior gardalas.
Alí estaba ela amosandome os seus medos, as súas inquietudes, os seús peores temores. Os seus demonios. E aínda así, a ela pouco lle importaba o que o mundo depararía para unha persoa coma ela. Só lle importaba vivir o momento, Carpe Diem, vivir o agora. E non pensar no mañá, no que teremos que facer.
Ergueuse, para poder contemplar o ceo, como si esperara que algo ocorrese. Pechou os ollos e simplemente suspirou. Abreunos pouco a pouco, e de súpeto, riúse con moita forza. Sei que se ría de sí mesma, é algo que adoitaba a facer. E de pronto, desapareceu. Deixando o seú pequeno brillo en min.

No hay comentarios:
Publicar un comentario