Supoño que coma todos eu tamén teño segredos que ainda nunca contei. E que gustaríame poder contarllos a alguén. Pero non todo é sinxelo na miña vida, eu son como son porque así me fixeron. E por iso, ainda que os queira contar; sei que nunca os contarei. Que istes segredos que eu agocho morrerán conmigo. Xamáis os contarei, porque sei que si o fago podo perderme a min mesma.
Só vos vou recoñecer unha cousa: son a súa imaxen. Tal e como él quixo, así son eu. A pesar de todo o que eu loitei anos atrás para non volverme coma él, así son. E non me gustaría acabar coma él. Pero polo que vexo, segoo o seu mesmo camiño. Aquel que él mesmo creou para min, coas súas palabras e cos seus actos. Aquel que él me forzou dalgunha forma a tomar. ¿E agora qué? Agora xa non quero volver atrás, pois sería borrar certas cousas de min que aprendín por min mesma. Podedes chamarme todo o que queirades, sei ben que non lle caigo ben a todo o mundo pero tampouco o pretendo; pero o que sí sei que son, é unha supervivente. Xamáis pensei que tería tanta forza de voluntade como para continuar así, nesta vida. Nesta gran mentira. Pois aquí me tendes, xa que a miña única forma de desfaogarme resulta ser a palabra escrita.
Ainda hoxe en día descubro cousas de min que pensaba que non as tiña, descubro que as circunstancias fixeron que quizáis me percatase de que neste mundo non cho dan todo feito, e inclusibe fixo que madurara antes do que eu quixera. A pesar de que agochaba isa madurez, decatábame de que algunhas persoas fanche dano por pracer, e outras porque queren que te alonxes delas. E tamén, de que ao final, un amigo é o que máis te pode destruir.
Non todo agora é negro na miña vida, de feito por min pasaron grandes persoas que aportaron o seu pequeno toque de color, para que así poidese sorrir por algún motivo de verdade, e non por aparentar. Porque ao final, as persoas que coma min están sorrindo todo o día, terminan por ser as que máis sofren nesta vida.
Seguirei sendo unha supervivente, ate que un día, atope o derradeiro camiño que me leve hacia outro mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario